Ir ao contido
iViewPoint

Nace o primeiro iviewpoint

Nace o primeiro iviewpoint

Desde este miradoiro do recinto fortificado coñecido como Castro de Chavella, a vista alcanza até Cabo Silleiro considereado unha das bocanas da Ría de Vigo xunto a Cabo Home. Aos pés deste miradoiro coincide cun dos tramos costeiros máis espectaculares do Camiño de Santiago.

Destaca o conxunto urbano destaca o Mosteiro de Oia, XII-XVIII, coa súa enseada, así como o Barrio de Arrabalde entre o porto e a capela de San Sebastián. A cultura tradicional mariñeira queda reflectida na toponimia de lugares próximos á costa (talasonimia) como Punta Orelluda ou os lugares de pesca e fondeo. As pegadas do pasado son apreciables no Castro de Cabeciña, nos petróglifos da Pedreira ou nos do Río Vilar.

Podemos observar tamén os restos das salinas de época romana, á beira de Porto Mougás.

Os surfeiros con experiencia así como os afeccionados ao parapente atopan neste lugar varios puntos ideais para a práctica destas actividades.

Compartir