Tras a súa incorporación en outubro de 2021 á primeira edición do Catálogo de Solucións Tecnolóxicas para Destinos Turísticos Intelixentes elaborado por SEGITTUR, iViewpoint consolida a súa presenza na terceira edición, que foi presentado o pasado día 19 de xaneiro no seo de FITUR KNOW HOW & EXPORT 2023.
O Catálogo é unha completa recompilación de solucións e servizos todos eles categorizados e clasificados en consonancia cos eixos que articulan o modelo Destino Turístico Intelixente: gobernanza, sustentabilidade, innovación, tecnoloxía e accesibilidade. A estes cinco grandes eixos sumouse unha categoría adicional ‘Covid-19’, para clasificar ás solucións que permiten traballar neste ámbito. Neste sentido iViewpoint preséntase como unha solución óptima para aqueles destinos que queren promover un turismo ao aire libre e de natureza, tendencia cada vez máis demandada polo visitante.
Cada unha das fichas que integra o Catálogo recolle información tanto do tipo de solución ou servizo en base a vinte e nove tipoloxías distintas, como da súa posible aplicación para destinos de ámbito cultural e urbano, de praia, de natureza e deporte ou turismo de nicho.