A Axencia Galega de Turismo apoia a través do programa O Teu Xacobeo o proxecto Miradoiros do Camiño, co que pretendemos neste ano Xacobeo 2021 pór en valor estes atractivos espazos, promocionando a Galicia como destino de turismo cultural, apoiándose na elaboración de contidos innovadores asociados a un elemento de interese crecente na sociedade como son os miradoiros, tan numerosos e vistosos en Galicia.
A iniciativa ten como obxectivo levar a cabo a musealización de 10 miradoiros do Camiño de Santiago, seleccionando un miradoiro por cada un dos camiños oficiais: Camiño Francés, Camiño de Fisterra Muxía, Vía da Prata, Camiño Inglés, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Ruta do Mar de Arousa e río Ulla, Camiño de Inverno, Camiño Portugués, Camiño Portugués da Costa.
Levamos a cabo un traballo previo de recompilación de información para crear unha base de datos espacial dos miradoiros máis destacados do Camiño. Sobre os miradoiros seleccionados realizaremos un estudo dos accesos viarios existentes así como outros elementos que favorezan a accesibilidade. Unha vez obtida a cartografía basee, analizaremos os elementos a sinalizar en función da súa singularidade, grao de interese histórico-cultural-natural, estado de conservación, etc. que os faga susceptibles de ser interpretados. Confeccionamos unha listaxe de elementos, acordado por un comité de expertos e entidades locais, que verificarán os anteriores criterios. Con esa información elaboraremos unha ficha básica de cada miradoiro e dos recursos susceptibles de ser incluídos dentro conxunto interpretativo.
De maneira coordinada cos técnicos de patrimonio, seleccionaremos un dos 10 miradoiros para a instalación dunha mesa panorámica tecnolóxica, seguindo criterios técnicos obxectivos que permitan interpretar os recursos máis destacados do lugar. Sobre este miradoiro levaremos a cabo a conceptualización e discurso expositivo. Analizaremos proxectos e iniciativas existentes na zona trazando un fío condutor que dea sentido ao conxunto interpretativo e a forma que se unen distintos lugares, actividades e elementos que actúan sobre o destino turístico seleccionado. Para iso elaboraremos os diferentes contidos e materiais audiovisuais, incluíndo: Fotografías 180 e 360, voo con dron, audios de benvida e resumo do miradoiro, fotografías dos recursos, elaboración de contidos (castelán, galego e inglés),