Ir ao contido
iViewPoint

O miradoiro de Vilela transfórmase nunha experiencia interactiva

O miradoiro de Vilela transfórmase nunha experiencia interactiva

Carballo incorpora un novo recurso turístico á súa rede de miradoiros, pasando a formar parte de iViewpoint. Trátase dunha mesa panorámica tecnolóxica situada na parroquia de Vilela, fronte ao valioso espazo natural de Razo-Baldaio, mediante a cal coñecer todos os segredos da costa carballesa. O obxectivo é o de facilitar o coñecemento do territorio e o aproveitamento do miradoiro, xa que as persoas que se acheguen até este punto poderán interpretar, utilizando un smartphone, os recursos naturais e patrimoniais máis destacados da zona a través de ricos textos e elementos multimedia, incluíndo fotografías, panorámicas 360, audios e vídeos.

O sistema tamén permite ao visitante realizar unha navegación desde o miradoiro até o recurso que lle interese, compartir información, ver os recursos sobre un mapa, crear rutas... E todo iso en tres idiomas -galego, castelán e inglés- e dunha maneira accesible. Así mesmo, o miradoiro conta cunha completa ficha Web, desde a que o usuario poderá gozar dunha experiencia inmersiva a través dunha imaxe 360 interactiva, accedendo a contidos multimedia dos recursos da contorna coma se estivese neses lugares. Todo o sistema funciona como un pequeno museo ao aire libre.

O proxecto contou co apoio da  Axencia Galega de Turismo  para a súa execución.

Compartir